Carballo Anano de Monte Pindo

Descrición e características das principais especies e/ou as máis salientables.

Carballo Anano de Monte Pindo

Mensaxepor candepalleiro » Dom Set 28, 2008 11:43 am

O Observatorio da Biodiversidade acorda a inclusión do Carballo Anano de Monte Pindo (A Coruña) no catálogo de especies ameazadas na categoría de vulnerables
Este órgano consultivo, presidido polo director xeral de Conservación da Natureza, mantivo onte a segunda reunión dende a súa constitución, no pasado mes de maio
A creación do observatorio desenvolve un dos capítulos do Decreto do Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia, no que se contempla a constitución dun organismo aberto á colaboración de expertos
Os membros do observatorio acordaron por unanimidade a incorporación do carballo anano de Monte Pindo ao catálogo, tendo en conta a súa singularidade
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza deu conta aos integrantes do Observatorio do estado dos 28 plans de recuperación de especies ameazadas nos que está a traballar este departamento
Santiago, 28 de setembro de 2008.- O Observatorio da Biodiversidade acordou a inclusión do carballo anano (Quercus lusitánica) de Monte Pindo, en A Coruña, no Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia, coa catalogación de especie vulnerable. Esta decisión foi adoptada pola unanimidade dos integrantes do Observatorio, na segunda reunión que mantén este organismo dende a súa constitución, no pasado mes de maio.
O Observatorio da Biodiversidade está presidido polo director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Xosé Benito Reza, e integrado por expertos, representantes das universidades galegas, asociacións ecoloxistas e técnicos da consellería. A súa creación desenvolve un dos capítulos do Decreto do Catálogo de Especies
Ameazadas de Galicia, creado tamén neste ano, no que se contempla a constitución dun organismo participativo, aberto ás suxestións de expertos na materia, para decidir a catalogación ou descatalogación de especies ameazadas.
Os membros do Observatorio acordaron por unanimidade a catalogación do carballo anano de Monte Pindo como especie vulnerable, ao entender que cumpre cos criterios establecidos e principalmente tendo en conta a singularidade desta especie, que habita nun territorio de un quilómetro cadrado de extensión, con indicación xeográfica no lugar de interese comunitario do Monte Pindo, incluído na Rede Natura 2000.
Outro dos puntos abordados na xuntanza do Observatorio foi precisamente a presentación dos criterios obxectivos a ter en conta para decidir a catalogación de especies ameazadas de Galicia. Estes criterios, elaborados pola Dirección Xeral da Natureza tendo en conta os que se seguen noutras rexións e países, foi debatida polos integrantes do Observatorio ata concluír uns requisitos fixos para a catalogación, descatalogación ou cambio de categoría das especies incluídas no catálogo galego.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza deu conta nesta xuntanza do estado no que se atopan os 28 plans de recuperación e conservación de especies ameazadas nos que está a traballar a consellería. Estes plans están destinados á conservación de 62 especie que están incluídas no catálogo galego. Así mesmo, propúxose aos integrantes do Observatorio que valoren estes plans e establezan a orde de prioridade para o desenvolvemento dos mesmos.
Coa elaboración destes 28 plans, que se atopan en diferentes fases, Galicia convértese na comunidade autónoma que conta co maior número de planificacións para a conservación e recuperación de especies en perigo de extinción.
Por outra parte, o Observatorio aprobou o regulamento interno do seu funcionamento e acordou manter unha nova reunión a comezos do vindeiro ano.
Imaxe
Avatar de Usuario
candepalleiro
Moderador
Moderador
 
Mensaxes: 357
Rexistrado: Ven Set 22, 2006 11:51 pm

Volver a Especies arbóreas e arbustivas

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron