Calendario  

<<  Setembro 2010  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Estatísticas  

mod_vvisit_counterHoxe69
mod_vvisit_counterOnte514
mod_vvisit_counterA semana1091
mod_vvisit_counterO mes3774
mod_vvisit_counterTotais125506

Últimos comentarios  

  • NEGOCIAR-RECLAMAR DUAS COUSAS QUE NIN ASOCIACION N... Ler máis...
    04.09.10 23:56
  • tedes toda a razón, ai que seguir vendendo o dos l... Ler máis...
    04.09.10 18:06
  • Os detectives do lume Trinta e oito axentes desenv... Ler máis...
    04.09.10 17:12
  • Hai que ter coidado que hai moito infiltrado inter... Ler máis...
    04.09.10 08:41
  • cojonudo,así nos vai,agora as discusións entre nós... Ler máis...
    04.09.10 00:19
Díptico de Aeafma
Guía sindical para a prevención de riscos na reproducción, o embarazo e a lactancia
Borrador de Orde sobre os cometidos dos vixiantes
Ferramentas selvícolas para a xestión forestal sostible en Galicia

Nota informativa CCOO

Tras non ter ningunha nova acerca da multitude de temas pendentes relacionados coas escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais, CCOO decidiu manter unha serie solicitudes de reunión cos diferentes responsables do estancamento e parálise que están a sufrir estes traballadores.

Tras lograr manter os primeiros contactos con Función Pública, podemos informar dos seguintes aspectos:

  • 2ª convocatoria de integración no grupo C1. Tras máis de 11 meses dende a convocatoria do proceso e de transcorrer 7 meses e medio dende a publicación das listas de admitidos definitiva, por fin (e esperemos que desta vez sexa a definitiva), están a piques de anunciar as datas aproximadas do exame, que polo que nos dixeron haberá de ser aló pola 2ª quincena de outubro ou primeira de novembro. Este dato hano de publicar no taboleiro de anuncios de Función Pública dentro deste mes.
  • A modificación da Lei 2/2000 no senso de permitir que o 100% dos Axentes Forestais se poidan presentar a un proceso de integración da escala de Axentes Facultativos Medioambientais vai por bo camiño, tendo a intención de que se leve a cabo dentro deste ano.
  • A cobertura de vacantes, aínda que agora ten un ámbito provincial, e polo tanto deben ser solicitadas dende as propias Xefaturas Territoriais, CCOO reclamou a cobertura de súa totalidade e o mantemento dunha taxa de reposición do 100% dos efectivos atendendo a alarmante escaseza de persoal e ámbalas dúas áreas de traballo destas escalas (Conservación da Natureza e Montes e Incendios Forestais) e a conxelación do cadro de persoal dende hai máis de 30 anos.
  • A colación deste tema solicitamos empezar a falar dunha futura ampliación de plantilla.

A máis disto, e tras a resposta da Consellería do Medio Rural sobre o desmantelamento das BIIFs, menosprezando o traballo realizado nestes últimos 8 anos e apostando por desviar as funcións propias do colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais cara a corpos estatais, eludindo as competencias transferidas e funcións propias da Xunta de Galicia e da mesma Consellería, e ante o mantemento como Xefe do Distrito XII Miño-Arnoia, dun furtivo que ameazou ós compañeiros cunha arma de fogo, CCOO solicitou o cese inmediato do Director Xeral de Montes (Tomás Fernández-Couto Juanas) e, por suposto, do propio Xefe de Distrito XII (José Olivier Reboredo Campos).


Orixinal


Comentarios 

 
#1 rafa 2010-07-12 22:45 Ante un asunto como o que está acontecer, desta trascendencia, deste ataque e menosprecio por parte de unhos e outros o colectivo de axentes forestais, pareceme lóxica esta nota. Citar
 
 
#2 Radio Futura 2010-07-13 23:23 Como dí a canción: Donde estabas entonces cuando tanto te necesite… Citar
 

Engadir comentario

Código de seguridade
Refrescar

© 2010 - Aprafoga
   
| Mércores, 08. Setembro 2010 || Deseñado por Suso |