Calendario  

<<  Xuño 2010  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Estatísticas  

mod_vvisit_counterHoxe74
mod_vvisit_counterOnte514
mod_vvisit_counterA semana1096
mod_vvisit_counterO mes3779
mod_vvisit_counterTotais125512

Últimos comentarios  

  • NEGOCIAR-RECLAMAR DUAS COUSAS QUE NIN ASOCIACION N... Ler máis...
    04.09.10 23:56
  • tedes toda a razón, ai que seguir vendendo o dos l... Ler máis...
    04.09.10 18:06
  • Os detectives do lume Trinta e oito axentes desenv... Ler máis...
    04.09.10 17:12
  • Hai que ter coidado que hai moito infiltrado inter... Ler máis...
    04.09.10 08:41
  • cojonudo,así nos vai,agora as discusións entre nós... Ler máis...
    04.09.10 00:19
Díptico de Aeafma
Guía sindical para a prevención de riscos na reproducción, o embarazo e a lactancia
Borrador de Orde sobre os cometidos dos vixiantes
Ferramentas selvícolas para a xestión forestal sostible en Galicia

CCOO denuncia a deixadez de funcións da Consellería do Medio Rural

Brigada de investigación de incendios

Ante as manifestacións vertidas pola Consellería do Medio Rural a través da súa propia páxina institucional sobre a investigación dos incendios forestais, CCOO denuncia que se esta a dar unha clara deixadez de funcións por parte desta institución.

O expresado por Medio Rural é dunha enorme gravidade, e non deixa de ser unha constatación de actitudes e prácticas ata o de agora camufladas baixo formas pouco disimuladas, e que probablemente poidan ter responsabilidades de orde penal posto que estase a omitir a obriga da persecución dos delictos, neste caso concreto dos delictos de incendios forestais.

Nos últimos 8 anos, e estando de Director Xeral de Montes a mesma persoa que está agora mesmo, promoveuse a creación duns grupos de investigación de incendios forestais formados por dous Axentes Forestais por distrito, é dicir, 19 Brigadas de Investigación en toda Galicia. Asemade é de salientar que a totalidade do cadro de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia están facultados para realizar as investigacións relacionadas cos delictos medioambientais, contando por tanto a Administración galega con 550 axentes da autoridade e policías xudiciais propios para levar a cabo a persecución destes delictos.

A pesar do pouco impulso xeral dado a estas unidades dende a propia Consellería, os resultados daquelas que si puideron funcionar sen impedimentos serios deron pe á posta a disposición xudicial de centos de presuntos responsables de delictos relacionados cos incendios forestais, ben dentro da orde das imprudencias como dos casos dolosos.

A calidade do traballo desenvolvido por estas brigadas é salientada por tódolos órganos ós que chegan, agás pola propia Consellería, obtendo o recoñecemento dos Corpos e Forzas de Seguridade, do Goberno do Estado, dos órganos xudiciais, das fiscalías…, lográndose incluso ser premiados a distintos niveis (Batelume de Ouro e Cruz con distintivo Blanco ó mérito da Garda Civil en servizos especiais).

Para CCOO é improcedente e irresponsable as manifestacións da Consellería de Medio Rural sobre a inexistencia destas brigadas de Investigación de Incendios Forestais, posto que obvian e ningunean o excepcional traballo realizado por tódolos compoñentes destas unidades nun claro desprezo cara a todo o colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, e o que é máis grave, incurrindo nunha presunta responsabilidade penal ó deixar de xeito intencionado a persecución duns delictos públicos, o que a todas luces debería ser investigado de oficio por parte da fiscalía competente.


Orixinal

CCOO


Comentarios 

 
#1 Ouvella 2010-06-30 10:11 vai sendo hora que estas practicas caciquis destes persoeiros señan sacadas a luz pública e empecen a deixar as cadeiras que ocupan de forma desonrosa dimisión xa! MENOS CARTOS EN EXTINCIÓN E MAIS EN PREVENCIÓN. Citar
 
 
#2 Xacheira 2010-07-05 11:51 A reforma aprobada do Código Penal endurece as penas por delitos contra o Medio Ambiente, entrará en vigor en vindeiras datas. A Consellería de Medio Rural e mais en concreto o Director Xeral de Montes, que xa estaba na administración autonómica con responsabilidades na temática forestal no ano 2001 cando se crearon as BIIF, é coñecedor desta reforma do Código Penal. Pode que esta sea a causa de querer apartar os Axentes Forestais das suas competencias como policía xudicial en delictos contra o Medio Ambiente, xa que hai medo a que chegue unha denuncia, fora do seu control a algún xulgado como sucedeu recentemente coas dilixencias abertas por Axentes forestais á empresa Iberdrola polas suas actuacions no rio Sil. Agora din que somos Directores de Extinción, e o somos en más do 90% dos incendios de Galicia, pero co constaten mediante algún tipo de norma que regule esta figura, que nos supon este nombramento, que medios podemos dirixir, se todos estamos capacitados para selo ainda que non se estivera nunca nun lume como sucede agora, que formación,etc xa que cando decidan quitarnos esta competencia porque lle interese que a fagan outros, tamén dirán que no han existido nunca Axentes Forestais Directores de Extinción como tales. Citar
 
 
#3 Lolo 2010-07-05 18:43 Creo que hai outra nota de prensa dos xefes:

http://mediorural.xunta.es/nc/institucional/comunicacion/nova/?tx_ttnews%5Btt_news%5D=3700&cHash=e3e2d3aad1
Citar
 
 
#4 pim 2010-07-07 14:57 sempre igual aqui parece que só existen os batelumes, que pasa cos axentes de conservacion da natureza que ten que pasar obrigatoriamente os incendios, deixando o traballo de conservacion abandoado, eso non interesa ou que. Citar
 
 
#5 carajocomochove 2010-07-07 15:38 xa tardaban as keixas de todos os anos por istas fechas, penso ke niste momento hai outros problemas moito mais importantes como o da noticia, creo ke o ke pos non é ningun comentario sobre ela polo ke seria mellor no foro para ver se resucita Citar
 
 
#6 OURIOLO 2010-07-08 01:13 Pim, estáte tranquilo, únicamente nun día de traballo no Servizo de Conservación, só terás que facer algún informe de dano de xabarin, corta en rede natura, corta de ribeira, recollida dalgunha ave ferida, algún protocolo de ataque de lobo, se e ocaso algunha denuncia de pesca,cambio de cultivo ilegal…, acudir algún campionato de caza,tomar mostras de algún verquido,realizar control e estudos de poboación de fauna, vixilancia rutineira polas ribeiras dos ríos,parroquias e lugares de interés natural. E cerca do final da xornada,,,, Bingo!!! Vaite de Director de Extinción para o lume "Que es lo importante" que lo otro es secundario.. Pero como che decía estate tranquilo que nas xornadas posteriores podes chamar a Carajocomochove y demás agentes forestales de fuego para que che axuden a realizar eses trabajos tan amenos que no causan problemas importantes!! No lo dudes llámalos, ya verás como vendrán. Citar
 
 
#7 pim 2010-07-09 15:52 carajocomochove; vouche demostrar que a opinion e compatible coa nova mediante unha simple regra de tres:
desmantelamento das BIF = mesmo soldo,menos traballo
desmantelamento dos axentes conservación = mesmo soldo, mais traballo.
aver si o pillas¡
un saudo a asociación Batelumes.
Citar
 
 
#8 Lolo 2010-07-09 17:27 Citando pim:
desmantelamento das BIF = mesmo soldo,menos traballo
desmantelamento dos axentes conservación = mesmo soldo, mais traballo.
.


Eu non o vexo así para nada:
Desmantelamento das BIIF = menos traballo.
Mais ben todo o contrario.
Agora que tan so é a miña opinión.
Citar
 
 
#9 Hugo 2010-07-09 22:05 Citando pim:
carajocomochove; vouche demostrar que a opinion e compatible coa nova mediante unha simple regra de tres:
desmantelamento das BIF = mesmo soldo,menos traballo
desmantelamento dos axentes conservación = mesmo soldo, mais traballo.
aver si o pillas¡
un saudo a asociación Batelumes.


Si eres dos axentes de conservación que pasan a reforzar o servicio de incendios e queres decir que vas a facer traballo en conservación e ademáis extinción de incendios, entón é que eres tonto.
Citar
 
 
#10 carajocomochove 2010-07-10 00:01 si pin si ten moita relación, so digo ke nos estan a dar por todos lados e nos so nos metemos caña entre nos.
e a ouriolo so decirche ke eu non chamo por ninguen e tampouco deixo de facer o resto do meu traballo.
Citar
 
 
#11 pim 2010-07-10 08:54 Hugo; creo que tes pouca idea do traballo, ¡por la boca muere el pez! Citar
 
 
#12 Luis. 2010-07-10 18:58 habia tempo que non entraba por diversos motivos nesta páxina, pero o certo, e que cada vez que o fago desanímome moitisimo coas novas que vexo e ainda me desanimo mais cos comentarios que hai atacandonos uns os outros mentras que nos estan a dar por detrás dende todolos lados. Citar
 

Engadir comentario

Código de seguridade
Refrescar

© 2010 - Aprafoga
   
| Mércores, 08. Setembro 2010 || Deseñado por Suso |