A CIG denuncia o desmantelamento das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) da Xunta de Galicia
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
A ConsellerÃa de Medio Rural ostenta as competencias estatutarias en materia de medio ambiente, e entre outras, todas as relacionadas cos incendios forestais, tanto prevención coma extinción e, algo fundamental na loita contra incendios forestais, a investigación dos incendios unha vez producidos.
Dende o ano 2001 tiña operativas 19 brigadas de investigación de incendios forestais compostas por 2 Axentes forestais cada unha, en toda Galiza. Estes/as Axentes da autoridade, funcionarios/as da Xunta de Galicia traballan todo o ano en coordinación cos fiscais, na investigación dos incendios forestais, realizando a determinación da orixe do lume, as súas motivacións e os posibles causantes e sendo unha peza fundamental na persecución destes delictos.
A dÃa de hoxe a Xunta de Galicia ten desmantelado, na práctica, estas brigadas de investigación xa que non cubre as vacantes, non forma aos Axentes forestais nin proporciona material e medios para a realización destas tarefas.
Dende a CIG consideramos inadmisible que teña que vir de fóra a investigar incendios o Corpo Nacional de PolicÃa, tendo xa aquÃ, na Galiza, as brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF) e que lonxe de reforzarse se estean desmantelando, por iso reclamamos a cobertura inmediata de tódalas vacantes de Axentes forestais e reforzo das BIIF.
#2carajocomochove2010-06-26 01:06resultame moi triste a resposta da conselleria, vendo todo o ke nos esta a caer por todos lados ,só espero unha resposta por parte da asocición.Citar
Comentarios