Calendario  

<<  Setembro 2010  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Estatísticas  

mod_vvisit_counterHoxe95
mod_vvisit_counterOnte514
mod_vvisit_counterA semana1117
mod_vvisit_counterO mes3800
mod_vvisit_counterTotais125532

Últimos comentarios  

  • NEGOCIAR-RECLAMAR DUAS COUSAS QUE NIN ASOCIACION N... Ler máis...
    04.09.10 23:56
  • tedes toda a razón, ai que seguir vendendo o dos l... Ler máis...
    04.09.10 18:06
  • Os detectives do lume Trinta e oito axentes desenv... Ler máis...
    04.09.10 17:12
  • Hai que ter coidado que hai moito infiltrado inter... Ler máis...
    04.09.10 08:41
  • cojonudo,así nos vai,agora as discusións entre nós... Ler máis...
    04.09.10 00:19
Díptico de Aeafma
Guía sindical para a prevención de riscos na reproducción, o embarazo e a lactancia
Borrador de Orde sobre os cometidos dos vixiantes
Ferramentas selvícolas para a xestión forestal sostible en Galicia

Solicitude xuntanza da mesa de negociación


José Francisco Núñez Rodríguez, como Secretario nacional do sector de Autonómica da Federación de Servizos Públicos de UGT Galicia.

O pasado 27 de novembro de 2009 celebrouse unha xuntanza dos representantes da Consellería do Medio Rural cos sindicatos con representación na Xunta de Galicia para tratar o tema da renovación do acordo de condicións de traballo para o persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.


Acordouse constituir esta xuntanza como mesa de negociación, dando inicio así a unha serie de encontros para a negociación do devandito acordo, nembargantes dende a sinalada data non se nos volveu a convocar.

Así mesmo os sindicatos quedamos en entregar as propostas para a renovación do acordo, propostas que xa se entregaron no mes de decembro.

Por todo isto solicitamos se nos convoque á maior brevedade posible para dar continuidade á mesa de negociación.


José Francisco Núñez Rodríguez
Sº. nacional sector Autonómica de FSP-UGT Galicia



Director Xeral de Conservación da Natureza
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
San Lázaro - Santiago de Compostela


Comentarios 

 
#1 xogan 2010-02-21 20:33 este tio non se entera. Será a Consellería de Medio Rural Citar
 
 
#2 alacran 2010-02-22 16:26 Acordades agora, si agora que estan cerca as eleccions, por que creo recordar que o acordo esta caducado fai xa tres anos. Vemonos nas urnas. Citar
 
 
#3 Jezulin 2010-02-24 14:32 En dúas palabras, im presionante, os acordos de UXT e CCOO son copia e pega. Moi ben polo CSIF, polo de pronto, defende os intereses xerais do colectivo. Citar
 
 
#4 Ouvella 2010-02-25 10:15 A proposta do CSIF ainda que non este de acordo o 100% é valente e mollase nas retribucións e noutros temas pólemicos.
Tanto UXT e CCOO penso que terían que traballar mais a proposta e ser mais ambiciosos e valentes.
E contradictorio pedir mais tempo para comer pero non pedir dieta ou compesación económica para poder pagar a comida, co que nos pagan sobranos dez minutos.
Esperamos ansiosos a proposta da CIGA
Citar
 
 
#5 Alejandro 2010-02-25 11:01 Non é a miña costume escribir para os anónimos, pois non teñen nin nome, nin sexo, nin presenza, nin nada, pero tamén é certo que tras ese anonimato vértense comentarios que ainda sendo supostamente "inocentes" non deixan de caer mentiras ou falsedades tan enormes que merecen resposta.
A proposta de CCOO e de UGT é idéntica, e a da CIG tamén, ainda que non se colgase. Así é froito de diversas reunións nas que se elaborou unha proposta dentro da tan reclamada unidade sindical que tantos compañeiros esixían. Unidade sindical á que foi chamada a CSIF e que reiteradamente rexeitou. Agora resulta que despois de lograr unha unidade de acción entre CCOO, UGT e CIG son precisamente eses sindicatos os criticados??
Ben que nos ha de ir asi…
Citar
 
 
#6 Suso 2010-02-25 11:32 Citando Alejandro:
A proposta de CCOO e de UGT é idéntica, e a da CIG tamén, ainda que non se colgase. Así é froito de diversas reunións nas que se elaborou unha proposta dentro da tan reclamada unidade sindical que tantos compañeiros esixían. Unidade sindical á que foi chamada a CSIF e que reiteradamente rexeitou.


Valoro moi positivamente que sexan idénticas as propostas de CC.OO, UGT e CIG, así como rexeito a proposta da CSIF por ir ó seu aire e outros motivos xa explicados no foro.

Agora ben, iso non quita que dita proposta conxunta sexa criticable e mellorable, como tamén xa o fixen saber.

Saúdos.
Citar
 
 
#7 Alejandro 2010-02-26 00:38 Por suposto, Suso, e ademáis sempre axudarán a mellorar as propostas, porque por mi ben que se queiran facer as cousas, por moito que se intente recoller tódolos aspectos para mellorar sempre pode quedar algo pola cantidade de temas que temos por resolver.
Outra cousa son os im-presionantes comentarios do Jezulin ese.
Citar
 

Engadir comentario

Código de seguridade
Refrescar

© 2010 - Aprafoga
   
| Mércores, 08. Setembro 2010 || Deseñado por Suso |