A Fiscalía denuncia a Endesa por deixar secos 3 quilómetros do río Eume
Pide que se calcule o beneficio obtido en xeración eléctrica por non manter o caudal ecolóxico na presa
A Fiscalía abriu unha vía xudicial para buscar responsabilidades penais nun problema ecolóxico que se arrastra dende fai 50 anos: os case tres quilómetros e medio de canle practicamente seca do río Eume comprendidos entre o encoro que xestiona Endesa e a central hidroeléctrica que explota esta mesma compañía. O fiscal coordinador de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, denunciou nun xulgado de instrución de Ferrol ás persoas que se determinen dentro do organigrama de Endesa e Endesa Xeración, así como a dous directivos xa identificados, ao existir indicios dun delito contra os recursos naturais por non respectar o caudal ecolóxico nese tramo.
Dispoñibilidade pola cicloxénese do 27 de febreiro
Fernando García Fernández, secretario nacional da CIG-Autonómica, con enderezo a efectos de notificación no soto da Consellería de Educación, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela,
EXPÓN:
O venres 26 de febreiro comunícase por teléfono ós funcionarios e funcionarias das escalas de Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais adscritos tanto ó Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais coma ao de Conservación da Natureza, que teñen que estar dispoñibles durante a xornada do 27 de febreiro por mor da emerxencia meteorolóxia que supón a chegada dunha cicloxénese á nosa xeografía. Esta dispoñibilidade afecta tamén ao persoal que está de libranza.
A praga que seca ameneiros afecta a bosques de ribeira de toda Galicia
Miles de alisos mortos deberán ser cortados e queimados, pero búscase un control biolóxico con outros fungos
A agresiva praga de fungos que está a secar miles de ameneiros agrávase non só pola perda de sombras que rebaixan a temperatura estival da auga dos ríos, vital para os peixes; tamén porque ao cortalos ou arrincar os bancais espidos das ribeiras poden derrubarse, e polo perigo de expandir máis a Phytophthora alni. Axentes forestais tomaron mostras en 187 puntos e, en colaboración coa Estación Fitopatolóxica do Areiro, o fungo detectouse en 40 zonas fluviais das catro provincias.
Máis artigos...
- Escrito da Fiscalía Xeral do Estado
- Avistadas de Cee a Valdoviño unhas sesenta aves petroleadas
- Instrucción pola que se establecen as funcións dos "Celadores de segunda/vixiantes de recursos naturais".
- A Xunta encargará a unha empresa a estratexia da loita contra incendios
- Avaliación de riscos laborais


























