|
Venres, 23 Abril 2010 10:00 |
A loita antiincendios abre unha guerra entre a Xunta e os concellos
Pachi Vázquez chama «irresponsable» ao Goberno galego por recortar os fondos en 8,7 millóns de euros A Fegamp culpa a Feijoo de limitar os medios e Medio Rural replica que vai financiar traballo que é municipal Os problemas municipais para cumprir coa lei de prevención de incendios aprobada no 2007, que obriga aos propietarios a ter libre de maleza unha franxa de cen metros ao redor das casas, desataron un duro cruzamento de acusacións entre os concellos e a Xunta. Carlos Fernández, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), advertiu onte de que os recortes orzamentarios no medio Rural limitarán «perigosamente» os recursos e medios dos concellos para a prevención e extinción dos lumes nun verán que se aveciña de alto risco. O rexedor de Ames asegura que a dotación de recursos prevista para o 2010 incumpre o Pacto Local, no que se recolle expresamente que toda nova competencia debe acompañarse de suficiente dotación orzamentaria.
|
|
Xoves, 22 Abril 2010 14:00 |
A lei que obriga a limpar o monte preto de casas non se cumpre en miles de núcleos
Municipios rurais teñen problemas para identificar aos propietarios dos terreos forestais Os concellos alegan falta de medios e de fondos para rozar as leiras A vaga de incendios que arrasou Galicia no verán de 2006 e que foi bautizada como o Prestige do monte galego trouxo consigo un novo marco legal -aprobado polo bipartito no 2007- que obrigaba aos propietarios forestais a manter libre de maleza e masa forestal unha franxa de cen metros ao redor de calquera núcleo habitado. Case catro anos logo daquela catástrofe, na que o lume se achegou ás vivendas e a crise pasou ao ámbito da protección civil, miles de fincas forestais próximas a casas seguen en estado de abandono.
|
|
Xoves, 22 Abril 2010 13:41 |
A Fiscalía denuncia a Endesa por deixar secos 3 quilómetros do río Eume
Pide que se calcule o beneficio obtido en xeración eléctrica por non manter o caudal ecolóxico na presa A Fiscalía abriu unha vía xudicial para buscar responsabilidades penais nun problema ecolóxico que se arrastra dende fai 50 anos: os case tres quilómetros e medio de canle practicamente seca do río Eume comprendidos entre o encoro que xestiona Endesa e a central hidroeléctrica que explota esta mesma compañía. O fiscal coordinador de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, denunciou nun xulgado de instrución de Ferrol ás persoas que se determinen dentro do organigrama de Endesa e Endesa Xeración, así como a dous directivos xa identificados, ao existir indicios dun delito contra os recursos naturais por non respectar o caudal ecolóxico nese tramo.
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 8 de 74 |