É calquera equipo destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador para que lle protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade ou saúde no traballo, asà como calquera complemento ou accesorio destinado a tal fin.
A maior parte da Rede Natura 2000 está formada por monte mancomunado
A Rede Natura 2000 está formada na súa maior parte por montes comunais. Son centos de miles de hectáreas que "gardan un inxente patrimonio natural recoñecido pola Comisión Europea como de interese preferente para a súa conservación". O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, reclamou onte no Carballiño, na clausura do IV Congreso Galego de Comunidades de Montes, que as administracións públicas compensen aos propietarios comuneiros incluÃdos nesta Rede "polas externalidades e servizos ambientais" que están a prestar ao resto da cidadanÃa. Ao mesmo tempo, demanda unha nova Lei de Montes que prime aos mancomunados "no marco dun desenvolvemento sustentable".