CCOO oponse á división do Corpo de Axentes forestais e medioambientais en dúas consellerias

A división do Corpo de Axentes penaliza a efectividade e a optimización dos recursos públicos
A reestruturación da Xunta de Galicia mediante a redución a oito consellerías conlevou á asignación de persoal das escalas de Axentes Facultativos Medioambientais e da de Axentes Forestais a dúas consellerías distintas, cando está sobradamente demostrado que integrados nunha mesma consellería son máis efectivos e optimízanse mellor os recursos públicos.
Esta división non é nova para estes traballadores, pois xa co goberno bipartito se fixo esta manobra que obtivo moi malos resultados na xestión, tanto na loita contra os incendios forestais coma na vixilancia e protección do Medio Ambiente.
Mesa de traballo para a elaboración do Acordo de codicións de traballo dos Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais (22-12-2011)

Esta mesa, adiouse por parte da administración do 15 ao 22 de decembro, coa xustificación de que o 15 o D.X. de Montes non ía poder acudir e que tiña moito “interese”. Cal é a nosa sorpresa que o 22 non había ningún Director Xeral (nin de Montes nin de Conservación) e que a intención dos presentes non era a de traballar conxuntamente na elaboración dun novo Acordo senón de boicotealo.
Salientamos o vago coñecemento da administración das propostas presentadas (rexistradas a finais de 2009) polas organizacións sindicais, Medio Rural centrouse en buscar diferenzas no contido e rupturas na unidade sindical... que non conqueriron, evidentemente, porque son practicamente iguais e respostan as demandas históricas do colectivo. Por outra parte eles non aportaron nada, absolutamente nada.


























